
MONOS COMO BECKY
Joaquín Jordá, 1999
96´.
MONES COM LA BECKY / MONOS COMO BECKY
(España, 1999)
Dirección e guión: Joaquín Jordá e Nuria Villazán. Produtor: José Antonio Pérez Giner. Produción: Els Quatre Gats, Máster de Documental de Creación da Universitat Pompeu Fabra. Fotografía: Carles Gusi. Duración: 96 minutos.
Elaborada e perspicaz visión dos límites sociais impostos, das finas membranas que unen loucura e cordura, orde e desorde, e á vez todo proceso artístico. Realizada xunto a un grupo de alumnos e a codirección de Nuria Villazán despois de sufrir Jordá un grave infarto cerebral, representa ademais o primeiro e exitoso paso do Máster de Documental de Creación da Universitat Pompeu Fabra, de onde sairán algúns dos traballos recentes máis brillantes de Guerin, Isaki Lacuesta ou Mercedes Álvarez.