MONDOVINO
Jonathan Rossiter, 2004.
135´. Subtítulos en castelán.
MONDOVINO
(Estados Unidos-Francia, 2004)
Dirección e guión: Jonathan Nossiter. Produción: Goatworks Films e Les Films de la Croisade. Produtor: Emmanuel Giraud e Jonathan Nossiter. Fotografía: Jonathan Nossiter e Stéphanie Pommez. Duración: 135 minutos.
O mundo vinícola, como a industria cinematográfica, sofre a tendencia do capitalismo último a homoxeneizar, uniformar calidades, gustos e ofertas. Gurús como o perigoso enólogo-consultor Michel Rolland ou Robert Parker fronte a sagas de produtores tradicionais, a batalla polo control da economía global nun documental que participou en Cannes 2004 e percorre Italia, Francia, Brasil e os Estados Unidos. A consecuencia, a emanación dun suxestivo xogo de interrelacións a través dun símbolo da civilización occidental.