
MERLÍN
Adolfo Arrieta, 1990.
58´. Vídeo.
MERLÍN
(España, 1990)
Dirección, guión e produción: Adolfo Arrieta, sobre a obra teatral de Jean Cocteau “Les Chevaliers de la Table Ronde”. Fotografía: Carles Gusi. Intérpretes: Francis Lorenzo, Clara Sanchís, Adolfo Arrieta. Duración: 58 minutos.
Película sobre o famoso mago (encarnado polo propio Arrieta) ambientada na corte do rei Arturo que pasa por ser o traballo no que o autor chega a ter unha produción máis ambiciosa e normalizada. O castelo de Arturo está baixo o influxo de Merlín, que valéndose do demo Ginifer suplanta a Galván, gobernador do castelo, e á propia Raíña Ginebra. A chegada de Galahad altera os seus plans.