Tralla Brava. Os fillos de Pita
Os Diplomáticos de Monte Alto, Flaco Jiménez, Mercedes Peón, Arsenio Iglesias
- 27 min.
A mediados de 1990 o mozo coruñés Rómulo Permuy, nun instante de bravura e de paixón, estoupoulle o peito e del escapoulle unha inmensa nécora arroutada.
- Ano:1994
- Países de produción: España
- Guión: F.Pego, G.De la Cruz, D.Breijo e Xurxo Souto
- Fotografía: S.Casanova, A. Feijó, J.Leis, F.Pego, X.Ansorena
- Produtora(s): Gema de la Cruz e David Breijo
Notas sobre o programa
Krujeiras
«A mediados de 1990 ó mozo coruñés Rómulo Permuy, nun instante de bravura e paixón, estoupoulle o peito e del escapoulle unha inmensa nécora arroutada». Estas palabaras de Xurxo Souto, cantante dos Diplomáticos de Monte Alto, describen os feitos que desencadearon o movemento músico-estético coñecido por «arroutada». Satélites, Pucho Boedo, Mano Negra, Verjalhudos, Tralla, Patchanka, Parrochas... son algúns dos ingredientes que sazoan esta proposta...
Tralla brava nace co obxectivo de achegar ó espectador este parficular universo, tan rico en mitos e referentes e fan afastado de toda comercialidade fácil. Así convériese en 25 minulos de ritmos poderosos, experiencias místico-deportivas, rapazas tipo espectacular, primicias mundiais (Flaco Jiménez, rei do acordeón fronterizo, canta cos Diplomáticos despois de gravar con Mick Jagger), experiencias místico-tabernarias, orxías de cocido galego e sexo caníbal, e moito máis aínda por chegar.
O proxecto Tralla brava empezou a tomar corpo fai uns seis meses, e foron máis de 100 persoas entre técnicos e artistas os que contribuíron a levalo a bo fin. O resultado é esta producción «kutre», achegada máis ó mundo do sobrenatural que do terreal, independente de discográficas e subvencións. A optimización de medios técnicos, recursos humáns, tempo e diñeiro, convértena en algo único e irrepetible no panorama audiovisual galego.
Si, é certo. Estamos no cu do mundo. Pero temos bravura abondo para ir desde Galicia Kontra o Mundo.