Matthias Müller: Programa 1
Matthias Müller, 1990-1998
67´. Subtítulos en galego.
HOME STORIES
(Alemaña, 1990)
Dirección, fotografía e produción: Matthias Müller. Duración: 6 minutos.
Imaxes arquetípicas de melodramas do Hollywood dos 50 e 60, recollidas directamente dunha pantalla televisiva.
ALPSEE
(Alemaña, 1994)
Dirección, guión e produción: Matthias Müller. Fotografía: Raimond Goebel, Anneruth Dannert. Intérpretes: Christina Essenberger, Victor Helpap. Duración: 15 minutos.
Dotado dunha estética que remite de novo aos filmes dos 50 e 60, un ensaio de trazos autobiográficos sobre o paso da infancia á madurez.
SLEEPY HAVEN
(Alemaña, 1993)
Dirección, guión e produción: Matthias Müller. Duración: 15 minutos.
Realizado a partir de filmacións propias e alleas, un sono erótico diúrno que alude explicitamente ao universo de Kenneth Anger.
STERNENSCHAUER / SCATTERING STARS
(Alemaña, 1993)
Dirección, guión e produción: Matthias Müller. Duración: 2 minutos.
Fogos artificiais resplandecen sobre un ceo escuro.
PENSÄO GLOBO
(Alemaña-Portugal, 1997)
Dirección, guión e produción: Matthias Müller. Duración: 15 minutos.
A historia dunha vida en transición. Un home emprende a que podería ser a súa última viaxe e chega a un hotel de Lisboa.
VACANCY
(Alemaña, 1998)
Dirección, guión e produción: Matthias Müller. Duración: 14 minutos.
Tratado retrospectivo sobre a arquitectura do progreso humano, que emprega gravacións afeccionadas e insertos de películas rodadas a principios dos 60 en Brasilia.