
MACBETH
Béla Tarr, 1982
63´. Cine / Vídeo. Subtítulos en galego.
MACBETH
(Hungría, 1982)
Dirección e guión: Béla Tarr, sobre a peza reatral homónina de William Shakesperae. Produción: MTV. Fotografía: Buda Gulyás e Ferenc Pap. Intérpretes: György Cserhalmi, Erzsébet Kútvölgyi. Duración: 63 minutos.
Depurada versión televisiva da xenial obra teatral de Shakespeare que representa un xiro radical na produción de Tarr. Obra sombría moi apropiada aos intereses do seu autor, rodada en dous planos, un deles previo aos títulos de crédito, precede a un virtuoso exercicio de cámara que funciona marabillosamente coa posta en escena en primeiro termo e unha escasa profundidade de campo. Tarr abandona repentinamente a forma inducida conservando parte do seu aspecto claustrofóbico por unha especie de formalismo demoníaco.