Ma'al Fidda / Silvered Water, Syria Self-portrait
Ossama Mohammed e Wiam Bedirxan, 2014
92'. DCP. Subt. castelán. Presentación.
MA’A AL FIDDA / SILVERED WATER, SYRIA SELF-PORTRAIT
(Francia-Siria, 2014)
Dirección, guión e fotografía: Ossama Mohammed e Wiam Bedirxan. Produción: Les Films d’Ici, Roaction Film e Arte France. Intérpretes: Joanna Drozda, Jerzy Gajlikowski. Duración: 92 minutos.
Ossama Mohammed, exiliado en París, materializa a imposibilidade de facer un filme na distancia sobre Siria, o país de seu en guerra. A fita é nomeada autorretrato porque os sirios son os autores das imaxes, gravadas precariamente con cámaras dixitais ou teléfonos móbiles. Vídeos que amosan a crueza e a realidade do conflito que os medios de comunicación non exhiben. Estas gravacións e as da súa correspondencia coa moza cineasta Wiam Simav Bedirxan –un diario sobre a súa vida en Homs que representa o outro gran material do filme-, fan ver como Mohammed loita coa preocupación e a culpabilidade de se sentir a salvo en canto todo está en xogo na súa patria ferida. Mais simultaneamente entrega un documento de notable valor para comprendermos o que ocorre realmente alí.