Luces de bohemia
Miguel Ángel Díez, 1985
94'. 35mm.
Luces de bohemia
(España, 1985)
Dirección: Miguel Ángel Díez. Guión: Mario Camus, segundo a obra de Ramón María del Valle-Inclán. Fotografía: Miguel Ángel Trujillo. Intérpretes: Francisco Rabal, Agustín González, Fernando Fernán-Gómez, Imanol Arias. Dur.: 94'
Luces de Bohemia narra o velorio de Max Estrella, un poeta maldito, cego, alcolizado e pobre. Á súa despedida fúnebre acode seu amigo Don Latino. Alí encóntrase coa filla de Max, que o acusa de ser o responsable da morte do poeta, a quen serviu de guía no seu último paseo polas rúas de Madrid. A lembranza desa famenta vagabundaxe, no ambiente decadente da España das dúas primeiras décadas do século XX, mostra o escritor fracasado como un lúcido fustrigador da sociedade do seu tempo, un cego que paradoxalmente ve mellor ca o resto dos seus contemporáneos.