
Love & Friendship / Amor y amistad
Whit Stillman, 2016
92'. DCP. Subt. Castelán
Love & Friendship / Amor y amistad
(Irlanda, Francia, Países Baixos, 2016)
Dirección: Whit Stillman. Guión: Whit Stillman (adaptación do relato de Jane Austen Lady Susan). Fotografía: Richard Van Oosterhout. Intérpretes: Kate Beckinsale, Chloë Sevigny, Stephen Fry. Dur: 92'.
Ambientada en 1790, Amor y amistad (Love & Friendship) conta a historia de Lady Susan Vernon, unha fermosa viúva da alta sociedade inglesa que viaxa ata a casa de campo da súa familia política coa intención de conseguir un marido para a filla.
Logo de 18 anos, Kate Beckinsale e Chloë Sevigny volven unirse baixo a dirección de Whit Stillman, que xa contara con elas no seu filme de culto The Last Days of Disco (1998). O resultado volve ser unha delirante comedia, esta de época, que tira proveito de toda a flegma británica do relato orixinal de Jane Austen.