Loulou
Maurice Pialat, 1980
110’. Subt. Galego
LOULOU
(Francia, 1980)
Dirección: Maurice Pialat. Guión: Arlette Langmann. Produción: Gaumont, Action Films. Fotografía: Pierre-William Glenn. Intérpretes: Isabelle Huppert, Gerard Depardieu, Guy Marchand, Humbert Balsan. Duración: 110 minutos.
Nelly, a muller burguesa dun publicista, mantén unha historia pasional con Loulou, un pequeno delincuente cuxa vulgaridade e potencia sexual a seducen. Sen romper as relacións co seu home, planea vivir con Loulou, que lle promete traballar polo neno que esperan. Durante unha comida familiar onde se atopa todo o clan de Loulou, Nelly parece tomar conciencia do mundo no que vai entrar. Pialat, aquel home sen concesións demoledor das presuntas virtudes de cineastas máis gabados (de Scorsese a Spielberg) nun dos seus filmes máis duros e coñecidos.