
LOS NUEVOS CENTURIONES
Richard Fleischer, 1972
103´. Subtítulos en galego.
THE NEW CENTURIONS / LOS NUEVOS CENTURIONES
(Estados Unidos, 1972)
Dirección: Richard Fleischer. Guión: Stirling Silliphant, sobre a novela de Joseoh Wambaugh. Produción: Chartoff-Winkler Productions. Fotografía: Ralph Woolsey. Intérpretes: George C. Scott, Stacy Keach, Jane Alexander, Scott Wilson. Duración: 103 minutos.
Un veterano policía encárgase de adestrar a un grupo de novatos. Un deles fíxose axente para pagar os seus estudos de Dereito, pero pouco a pouco comprende que nunca logrará graduarse. Un día féreno gravemente. Un Richard Fleischer en plena madurez creativa (anos nos que tamén filma El estrangulador de Boston, El estrangulador de Rillington Place, Cuando el destino nos alcance ou Mandingo) analiza con realismo a enorme contradición da figura do policía, dividido entre o sentido do deber, os evidentes problemas sociais que é incapaz de resolver e a súa identidade, diluída e progresivamente embrutecida. Magnífico reparto con Scott e Keach no seu apoxeo.