
LOS NIETOS
Marie-Paule Jeunehomme, 2008.
59´. Vídeo. Presentación coa presenza da súa directora. Entrada gratuíta.
LOS NIETOS
(Bélxica, 2008)
Dirección: Marie-Paule Jeunehomme. Guión: Marie-Paule Jeunehomme e Massimo Iannetta. Produción: CVB, RTBF, CBA et des Territories de la Mémoire. Fotografía: Jorge León. Duración: 59 minutos
San Pedro Mallo, unha pequena vila no Bierzo. Unha fosa clandestina. A exhumación do Corpo dun home asasinado na guerra civil española revela a nosa historia individual e colectiva. Hoxe os herdeiros, os “netos” son os depositarios imprescindibles da memoria, os responsables dun traballo complexo e delicado.