Los inútiles
Federico Fellini, 1953
101’. Subt. Castelán.
I VITELLLONI / LOS INÚTILES
(Italia-Francia, 1953)
Dirección: Federico Fellini. Guión: Federico Fellini, Ennio Flaiano e Tullio Pinelli. Produción: Peg Films (Italia) e Cité Fims (Francia). Fotografía: Otello Martelli. Intérpretes: Alberto Sordi, Franco Interlenghi, Franco Fabrizi. Duración: 101 minutos. Nunha pequeña cidade de provincias de costa, cinco amigos, un grupo de preguiceiros (ou vitelloni, neoloxismo) pasan as horas nos cafés. Fausto, casado, xoga a ser un seductor; Alberto vive cheo de complexos; Riccardo é un tenor de talento; Moraldo un soñador e Leopoldo quere triunfar como poeta. Fellini adquire madurez ao tempo que vai introducindo os seus elementos fundamentais e omnipresentes (sofisticación na posta en escea, modos visuais subxectivos, uso sutil do material autobiográfico, dotes de observación e humor, mundos pechados, filia por antroido, mar ou espazos de contraste, música de Nino Rota) nunha traxicomedia que filtra o espírito demoledor da posguerra. León de Plata en Venecia 1953.