
LOS DEMONIOS EN LA PUERTA
Jiang Wen, 2000.
140´. Subtítulos en galego.
GUIZI LAI LE / DEVILS ON THE DOORSTEP / LOS DEMONIOS EN LA PUERTA
(China, 2000)
Dirección e guión: Jiang Wen, Shu Ping, sobre a novela de You Fengwei “Shengcun”. Produción: Asian Union Film & Entertainment, Beijing Zhongbo-Times Film Planning, CMC Xiandai Trade Co., China Film Co-Production Corporation, Huayi Brothers Advertising. Fotografía: Gu Changwei. Intérpretes: Jiang Wen, Jiang Yihong. Duración: 140 minutos.
Ganadora do Gran Premio do Xurado en Cannes, o relato sitúase durante a ocupación xaponesa de China, nunha pequena vila de campesiños onde o exército deixa baixo custodia dous prisioneiros xaponeses. Unha experiencia que cambiará as súas vidas. Combinación de drama bélico e comedia que provocou o enfado e prohibición das autoridades chinesas.