
LOS CONTRABANDISTAS DE MOONFLEET
Fritz Lang, 1955
87’. Subtítulos en Castelán
MOONFLEET / LOS CONTRABANDISTAS DE MOONFLEET
(Estados Unidos, 1955)
Dirección: Fritz Lang. Argumento: John Meade Falkner. Guión: Jan Lustig, Margaret Fitts. Produción: John Houseman / MGM. Fotografía: Robert Planck. Intérpretes: Stewart Granger, George Sanders, Joan Greenwood, Viveca Lindford, Jon Whiteley. Dur.: 87 min.
1757, nunha pequena vila porteña onde se reúnen diversos contrabandistas. O pequeno John Mohune queda fascinado polo xefe dunha banda e decide seguilo cando este foxe. Unha película de aventuras producida pola Metro en cor e CinemaScope parecía un proxecto totalmente alleo a Fritz e non embargante… A pregunta que se facía Jean Douchet en 1960 quizais explique a fascinación que este título aínda exerce no espectador: “Por que razóns eses planos sobre o mar e as ondas son os máis belos que xamais se filmaron?”.