Los chicos
Marco Ferreri, 1959.
Vídeo. Entrada gratuíta. 90’.
LOS CHICOS (España, 1959) Dirección: Marco Ferreri. Guión: Marco Ferreri e Leonardo Martín, segundo argumento do segundo. Produción: Época Films, Tecisa e Procusa. Fotografía: Francisco Sempere. Intérpretes: Joaquin Zarzo, Alberto Jiménez, Ana María Vidal. Duración: 90 minutos. Tres rapaces –o Negro, Carlos e Andrés- reúnense no quiosco do Chispa unha tarde de chuvia. Carlos ten que estudar e os outros van ao cine. As ilusións e soños de cada un deles pronto se exteriorizan: Andrés quere ser toureiro; Carlos aspira a ter amoríos cunha veciña vedette; o Negro ten graves problemas familiares; o Chispa vive agobiado polo seu amargo xefe. Logo d´El pisito, e antes d´El cochecito (1961), o italiano Marco Ferreri, na súa segunda longametraxe, volvía enfrascarse na España máis cotiá, represiva e gris, co rexeitamento da crítica e as autoridades da época, que a consideraron “pouco edificante”. De ton diferente aos outros dous títulos do Ferreri español, asoman ecos neorrealistas e un elenco singular, onde destacan secundarios inesquecibles como Félix Dafauce e María Luisa Ponte.