
LOMAX. THE SONGHUNTER
Rogier Kappers, 2004
94’. Vídeo. Subtítulos en galego
LOMAX. THE SONGHUNTER [O CAZADOR DE CANCIÓNS]
(Países Baixos, 2004)
Dirección: Rogier Kappers. Produción: Joost Verhey. Dur.: 94 min.
Documental sobre a vida de Alan Lomax (1915-2002), un etnomusicólogo que viaxou por todo o mundo coa súa gravadora, recollendo as mellores cancións folclóricas. Granxeiros, traballadores, amas de casa, pastores de territorios illados de Escocia, Italia e España... onde recalou en Galicia e onde volve Rogier Kappers para filmar os habitantes de Corcubión e da Cañiza que participaron nas gravacións orixinais de Lomax.