LO MEJOR DE LA VIDA
Ulrich Schamoni, 1967.
87´. Subtítulos en galego.
ALLE JAHRE WIEDER / LO MEJOR DE LA VIDA
(Alemaña, 1967)
Dirección: Ulrich Schamoni. Guión: Ulrich Schamoni e Michael Lentz. Fotografía: Wolfgang Treu. Produción: Peter Schamoni Film. Intérpretes: Ulla Jacobson, Sabine Sinjen, Hans-Dieter Schwarze, Johannes Schaaaf. Duración: 87 minutos.
O segundo e practicamente último dos filmes do seu director, o pequeno dos irmáns Schamoni. Tras a notable “El fruto” (1966), presente en Cannes e premiada en Locarno, establece unha historia sobre a hipocrisía e o conformismo. Un respectable burgués de mediana idade ten unha amante nova coa que non se decide a casar a pesar de que nada llo impide pois está separado da súa muller. Non obstante, cada Nadal aparece pola casa que abandonou para pasar coa súa ex muller todas as festas. Oso de Prata e premio FIPRESCI en Berlín.