LISTE, PRONUNCIADO LÍSTER
Margarita Ledo, 2007.
111´. Presentación a cargo da súa directora, Margarita Ledo Andión. Entrada gratuíta.
LISTE, PRONUNCIADO LÍSTER
(España, 2007)
Dirección e guión: Margarita Ledo Andión. Produción: Nós Produtora Cinematográfica S.L. e TVG. Fotografía: Ricardo Rezende. Intérpretes: Mónica Caamaño. Duración: 111 minutos.
A modo de biografía dun século marcado pola destrución, unha aproximación ao comandante e dirixente comunista galego Enrique Líster (1907-1995), que recorre a unha miscelánea de materiais (debuxos, 8mm, fotos, documentos, escenificacións, filmes de propaganda e títulos épicos, noticiarios, películas familiares, programas de televisión…) que se erixen, a través do rigoroso labor de selección, nunha posta en coñecemento dos acontecementos que marcaron o ventre do século XX, operación que a súa autora xa iniciara en “Santa Liberdade” (2004).