
A LION IS IN THE STREETS
Raoul Walsh, 1953.
88´. Subtítulos en galego.
A LION IS IN THE STREETS
(Estados Unidos, 1953)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Luther Davis, sobre unha narración de Andria Locke Langley. Produción: William Cagney Productions para Warner. Fotografía: Harry Stradling. Intérpretes: James Cagney, Barbara Hale, Anne Francis. Duración: 88 minutos.
Outro relato de marcado cariz político propio da época na que se desenvolve o cine de Rossen vai ser esta historia de ascensión e caída. De novo temos un político baseado no gobernador Huey Long, esta vez un individuo que recala nunha poboación dun estado do Sur dos Estados Unidos, onde coñece a unha mestra que lle outorga equilibrio á súa vida. O seu carisma e carácter popular fano entrar en política onde traizoa as esperanzas do electorado e, como en El político (1949) corrómpese. Todo aderezado pola axilidade de Walsh e a solvencia do xenio acelerado de Cagney.