A lingua animada. Programa Letras Galegas
Tomas Conde, Virginia Curiá, 2001-2003
50'. Vídeo. Presentación. Entada de balde (+7 anos)
A lingua animada. Programa Letras Galegas
Tomás Conde e Virginia Curiá, Galicia, Cor, 50 min, versión galega.
*A partir dos 7 anos.
Serie de curtametraxes realizadas en plastilina e inspiradas na obra de varios escritores galegos.
A pita choca. Poema de Manuel María 30 s
Meigallos, sombras e papas de arroz (2001) 12 min
Baseada en textos de Eladio Rodríguez González. Cansa do escaso resultado da medicina convencional, unha nai decide pedirlle axuda á Meiga do Castro para refacer o seu fillo raquítico. A Meiga do Castro axudará –logo do pagamento previo dun porco- a curar a doenza do rapaz. Mais axiña se ha ver que as cousas non son como parecen...
Os difuntos falaban castelao (2001) 10 min
Baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha
rapaza foxe da casa para escapar co mozo e prometérense amor eterno. Esa
mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no
cemiterio.
Alistán, o demo oveiro (2003) 11 min
Baseada nun texto de Álvaro Cunqueiro. Alistán é un demo que sofre un grave
desaxuste intestinal, o que lle produce o rexeitamento dos habitantes do bosque. Para
resolver o seu cheirento problema, Alistán vai ao médico, quen lle receita o consumo
exclusivo de ovos de galiña, sempre que non o pille o sacristán de Seixido.
A escola das areas (2002) 11 min
Baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra
para buscar un remedio para a varíola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de
lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese a prol do noso idioma,
Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días
co seu propio método educativo.
Herba pequerrechiña. Poema de Xosé Mª Díaz Castro. 20 seg