
L´IMMORTELLE
Alain Robbe-Grillet, 1963
101´. Subtítulos en galego.
L´IMMORTELLE
(Francia-Turquía-Italia, 1963)
Dirección e guión: Alain Robbe-Grillet. Produción: Cocinor, Como Film, Dino de Laurentiis Cinematografica, Hamle, Les Films Tamara. Fotografía: Maurice Barry. Intérpretes: Françoise Brion, Jacques Doniol-Valcroze. Duración: 101 minutos.
Primeira longametraxe de Robbe-Grillet, que recolle a historia de amor entre un xove profesor francés, acabado de chegar a Istambul, e unha moza da súa nacionalidade. Ambos acordan que el non saiba nada da vida dela. Filmada en Istambul, premio Louis Delluc e participante no Festival de Berlín, destaca tamén polo traballo experimental co son, en parte orixinado nunha partitura de Georges Delerue.