Límite
Mario Peixoto, 1931
120'. Vídeo HD. Presentación. Entrada de balde.
LÍMITE
(Brasil, 1931)
Dirección e guión: Mário Peixoto. Produción: Cinédia. Fotografía: Edgar Brasil. Duración: 120 minutos.
Obra primixenia do cine mudo, Limite é unha experiencia única na historia do cine experimental brasileiro. Película de inspiración vangardista, cuxas imaxes acompañan a tres personaxes á deriva e falan das circunstancias que os levaron a esta situación límite. A película adquiriu un status mítico ao estar desaparecida durante anos, sendo redescuberta trala súa reconstrución e restauración.