L´IMBALSAMATORE
Mateo Garrone, 2002.
101´. Subtítulos en castelán.
L´IMBALSAMATORE
(Italia, 2002)
Dirección: Matteo Garrone. Guión: Matteo Garrone, Ugo Chiti, Massimo Gaudioso. Produción: Fandango. Fotografía: Marco Honorato. Intérpretes: Ernesto Mahieux, Valerio Foglia Manzillo, Elisabetta Rocchetti. Duración: 101 minutos.
Peppino traballa como taxidermista na provincia de Caserta. Baixo e bo orador, coñece a un camareiro atractivo, Diego, co que comeza unha amizade e ao que lle aprende o negocio. Peppino amosa un apego morboso por Diego, o sentimento parece exceder a amizade. Nunha viaxe a Cremona, onde Peppino ten que recuperar droga para a camorra, Diego coñece e namora de Deborah, que acaba volvendo con eles, ao tempo que un molesto Peppino crece nos seus celos constantes.