LILITH
Robert Rossen , 1964
114´. Subtítulos en galego.
LILITH
(Estados Unidos, 1964)
Dirección e guión: Robert Rossen. Produción: Robert Rossen para Columbia Pictures. Fotografía: Eugen Schuftan. Intérpretes: Warren Beatty, Jean Seberg, Peter Fonda, Kim Hunter. Duración: 114 minutos.
Un mozo terapeuta que traballa nun hospital psiquiátrico namora dunha fermosa paciente que vive ensimesmada. A medida que se achega a ela, el vai afastándose da súa propia realidade. A derradeira película dirixida por Rossen volve entrecruzar personaxes creativos e destrutivos dun xeito emblemático ofrecendo un relato da procura da perfección e o amor fracasado. Logo do fracaso do proxecto Cocoa Beach, Rossen pecha a súa filmografía con esta obra magna que inclúe un dos primeiros papeis no cine do gran Gene Hackman.