L´HUMANITÉ
Bruno Dumont, 1999
148´. Subtítulos en galego.
L´HUMANITÉ
(Francia, 1999)
Dirección e guión: Bruno Dumont. Produción: 3B Productions, CRRAV, Canal Plus, CNC, Procirep, Arte France Cinéma (Francia). Fotografía: Yves Cape. Intérpretes: Emmanuel Schotté, Séverine Caneele, Philippe Tullier, Ghislain Ghesquère. Duración: 148 minutos.
Nunha pequena cidade aparece morta, violada e asasinada, unha rapaza de once anos. O melancólico policía Pharaon de Winter, que perdeu a súa propia familia nun accidente, é o encargado do caso. As investigacións dan lugar ao retrato dun universo cheo de sexo, crueldade e estrañas relacións entre os veciños. Gran Premio do Xurado e premios de interpretación masculino e feminino en Cannes 1999.