LES STATUES MEURENT AUSSI
Chris Marker, 1953
30´. Subtítulos en galego.
LES STATUES MEURENT AUSSI [AS ESTATUAS TAMÉN MORREN]
(Francia, 1953)
Dirección: Alain Resnais, Chris Marker. Guión: Chris Marker. Produtor: André Tadié. Produción: Tadié Cinéma, Présence Africaine. Fotografía: Ghislain Cloquet. Duración: 30 minutos.
A arte da África negra, que trata o tema da vida e da morte e que naceu por motivos relixiosos sucumbe ás esixencias comerciais e convértese en artesanía, pero só até que aparece unha nova forma artística: a arte de combate. A perspectiva descolonizadora e o prodixioso texto amosan dúas das liñas que lanzarán a carreira de Marker.