L’enfer d’Henri-Georges Clouzot
Serge Bromberg, Ruxandra Medrea, 2009.
94’. Subt. castelán.
L’ENFER D’HENRI-GEORGES CLOUZOT
(Francia, 2009)
Dirección: Serge Bromberg e Ruxandra Medrea. Guión: Serge Bromberg. Produción: Lobster Films, France 2 Cinéma. Fotografía: Jérôme Krumenacker, Irina Lubtchantsky. Intérpretes: Romy Schneider, Bérénice Bejo, Jacques Gamblin. Duración: 94 min.
Estimulante aproximación á rodaxe inconclusa do proxecto máis libre e ambicioso de Henri-Georges Clouzot, L’Enfer (1964), un relato de ciumes –cheo de apetecibles secuencias oníricas e plasmacións da loucura nunha rica alternancia de branco e negro e cor– consecuencia do seu patolóxico insomnio. Protagonizada por Romy Schneider e Serge Reggiani, a filmación foi suspendida logo de tres semanas de rodaxe. Moitos anos despois, Bromberg e Medrea combinan de xeito suxestivo a recuperación de material con recreacións e entrevistas ao rescataren toda unha proposta histórica en celuloide. A recomposición mereceu o César ao mellor documental.