Le Saphir de Saint-Louis + Correspondencia(s)
José Luis Guerin (2009-2015)
135'. DCP/ Vídeo HD. Subt. Castelán
Le Saphir de Saint-Louis
(Francia, 2015)
Dirección e guión: José Luis Guerin. Fotografía: Nicolas Contant. Montaxe: Núria Esquerra. Dur.: 35'.
O filme baséase na catedral de Saint-Louis de La Rochelle, unha catedral nada flamboyant, mais que agocha nunha das súas capelas un tesouro moi particular en que o cineasta pon o seu ollo e… a súa alma. Alí entre unha multitude de exvotos da mariña mercante, pódese contemplar unha pintura que é testemuña da traxedia do Saphir en 1741, una goleta de escravos que estivo varada durante vasto tempo en augas intertropicais, con 271 escravos e 30 membros da tripulación a bordo. Esta pequena pintura é coma unha porta secreta nunha catedral que se abre á grande historia. (Catálogo Festival Punto de Vista 2016)
Correspondencia(s)
(España-EEUU, 2009-2011)
Dirección, guión, fotografía e montaxe: Jonas Mekas e José Luis Guerin. Produción: CCCB. Dur.: 99'.
Entre José Luis Guerin e Jonas Mekas estableceuse unha relación epistolar en toda regra, unha carta mensual en que se impón o principio de Mekas que Guerin asume como propio: o cine é a reacción á vida. A partir desta premisa, unha serie de nove cartas, filmadas nos lugares máis variados do mundo, dan lugar a unha relación persoal en que se descobren impresións e afinidades entre dous cineastas unidos pola vontade de partillar preocupacións e puntos de vista.