LE LIT DE LA VIERGE
Philippe Garrel, 1969
95´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
LE LIT DE LA VIERGE
(Francia, 1969)
Dirección e guión: Philippe Garrel. Fotografía: Michel Fournier. Produción: Philippe Garrel e Silvina Boissonas. Intérpretes: Zouzou, Pierre Clémenti, Tina Aumont, Philippe Garrel. Duración: 95 minutos.
A Virxe María dá a luz a un Xesús xa adulto que desde o primeiro momento se atopa a desgusto na Terra e clama ao Ceo intentando que seu Pai atenda as súas queixas. A cabalo dun burro, Xesús emprende sen convicción ningunha o seu camiño para, coa axuda dun megáfono, intentar difundir a súa mensaxe nun mundo permanentemente hostil que non o quere escoitar.