Le jeu/ Octobre/ Sabriya
Abderrahmane Sissako (1988-1997)
80'. Vídeo HB. Subt. Castelán
Le jeu
(Malí, Mauritania, 1988)
Dirección e guión: Abderrahmane Sissako. Dur.: 26'.
O pai de Ahmed debe volver á fronte no deserto. Entrementres, os nenos xogan á guerra.
Octobre
(Malí, Mauritania, 1991)
Dirección e guión: Abderrahmane Sissako. Dur.: 37'.
Idrissa, estudante africano en Rusia, sae da “zona universitaria” e vive durante unha noite a vida dun ruso, no seu propio terror.
Sabriya
(Malí, Tunisia, 1997)
Dirección e guión: Abderrahmane Sissako. Dur.: 26'.
Sabriya forma parte do proxecto Africa Dreaming, unha crónica sobre África en seis actos, seis historias contemporáneas cun tema en común: o amor. Trátase de dramas psicolóxicos, sociais construídos con base en esquemas culturais e segundo as tradicións dos seis países representados: Suráfrica, Cimbabue, Namibia, Mozambique, Mauritania e Senegal. Neste caso, o filme explora o impacto do mundo moderno sobre a sociedade tradicional contemporánea do Magreb. O filme trata de homes que prefiren vivir a vida como un xogo abstracto e de mulleres con espíritos libres que cambian aquilo.