LE DERNIER DES FOUS
Laurent Achard, 2007.
96´. Subtítulos en castelán.
LE DERNIER DES FOUS
(Francia, 2007)
Dirección: Laurent Achard. Guión: Laurent Achard e Nathalie Najem, sobre a obra literaria de Timothy Findley. Produción: Agat Films&Cie, con Versus Productions e Rhône-Alpes Cinéma. Fotografía: Georges Diae e Philippe Van Leeuw. Intérpretes: Julien Cochelin, Pascal Cervo, Annie Cordy. Duración: 96 minutos.
Austera, minimalista e sen concesións, unha produción que participou no certame de Gijón 2007 e ganou premios no certame de Locarno. A historia ten lugar nunha provincia francesa, nos nosos días. Martín, de 11 anos, asiste á desintegracion da súa familia. Unha nai enclaustrada, un pai espectador impotente da traxedia, un irmán maior –ao que Martín venera- alcoholizado, unha avoa dominante e o cariño de Malika, a serventa marroquí, son o preludio dun drama por estoupar.