LAWRENCE DE ARABIA
David Lean, 1962
222´. Subtítulos en galego.
LAWRENCE OF ARABIA / LAWRENCE DE ARABIA
(Gran Bretaña, 1962)
Dirección: David Lean. Guión: Robert Bolt, sobre o libro “The seven pillars of wisdom” de T. E. Lawrence. Produción: Sam Spiegel para Horizon Pictures. Fotografía: Frederick Young. Intérpretes: Peter O´Toole, Alec Guinness, Anthony Quinn. Duración: 222 minutos.
T.E. Lawrence é un soldado británico con estraña consideración entre os seus superiores, dada a súa desmedida querenza polas tribos árabes. Encargado de axudar ao rei Faisal, Lawrence intenta conseguir a unificación do mundo árabe. Superprodución de 2 anos de rodaxe, realizada en Xordania, España, Marrocos e Inglaterra, galardoada cos principais premios Óscar 1963 (ata 7) que racha coas limitacións xenéricas (allea ás convencións do cine bélico, histórico ou de aventuras), establece un itinerario psicolóxico complexo (mito, loucura, mesianismo) integrado nunha paisaxe de connotacións panteístas. Se a lexitimidade a obtén no rico uso escenográfico, non é menor o atractivo dun reparto que inclúe a Jack Hawkins, José Ferrer, Claude Rains, Arthur Kennedy e descobre a Peter O´Toole e Omar Shariff.