
L´AUTRE
Pierre Trividic e Mario Bernard, 2008.
97´. Subtítulos en galego.
L´AUTRE / [A OUTRA]
(Francia, 2008)
Dirección: Patrick Mario Bernard e Pierre Trividic, sobre a novela L´Occupation de Annie Ernaux. Produción: Ex Nihilo. Fotografía: Pierric Gantelmi d´Ille. Intérpretes: Dominique Blanc, Cyril Guei. Duración: 97 minutos.
Anne-Marie e Alex sepáranse sen dramas porque el quere unha verdadeira vida conxugal e ela desexa conservar a súa liberdade. Non obstante, cando Anne-Marie descobre que el ten unha nova parella, vólvese tola de celos e entra nunha inquietante espiral chea de sinais e ameazas. Premio a Dominique Blanc como mellor actriz na Mostra de Venecia 2008.