
LAST LIFE IN THE UNIVERSE
Pen-Ek Ratanaruang, 2003
108´. Subtítulos en galego.
LAST LIFE IN THE UNIVERSE / RUANG RAK NOI NID MASAHAN
(Tailandia-Xapón, 2003)
Dirección: Pen-Ek Ratanaruang. Guión: Pen-Ek Ratanaruang e Prabda Yoon. Produción: Wouter Barendrecht, Duangkamol Limcharoen e Nonzee Nimibutr. Fotografía: Christopher Doyle. Intérpretes: Tadanobu Asanu, Sinitta Boonyasak, Laila Boonyasak, Yutaka Matsushige. Duración: 108 minutos.
Kenji é un suicida xaponés que vive en Bangkok. Unha noite mata involuntariamente a un yakuza que buscaba ao seu irmán. Esa mesma noite, Noi, unha traballadora tailandesa que vive nun barrio marxinal, mata accidentalmente a súa irmá. Os dous fuxitivos únense intentando refacer a súa vida. Pero os seus pasados dispares ameazan con entorpecelo todo. Premio ao mellor actor no festival de Venecia e película tailandesa enviada ao oscar de Hollywood.