Las maestras de la República
Pilar Pérez Solano, 2013.
65'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA
(España, 2013)
Dirección e guión: Pilar Pérez Solano. Produción: FETE-UGT, Transit e Wanda. Fotografía: Isabel Ruiz. Duración: 65 minutos.
Na última edición dos Goya, mellor longametraxe documental para un traballo que, a través da recreación dunha mestra da época e imaxes de arquivo inéditas, descobre o legado e a vixencia dunhas accións e mais dun momento histórico. O papel das mestras republicanas, -mulleres afoutas e comprometidas que contribuíron á conquista dos dereitos das mulleres e á modernización da educación-, vaise basear nos principios da escola pública e democrática. Artellado derredor dos testemuños de investigadores e familiares, coñeceremos o período e a participación das docentes na transformación social dun país por medio da educación.