The ladykillers/ El quinteto de la muerte
Alexander MacKendrick, 1955
96'. DCP. Subt. Castelán
THE LADYKILLERS / EL QUINTETO DE LA MUERTE
(Reino Unido, 1955)
Dirección: Alexander MacKendrick. Producción: Ealing Studios. Guión: William Rose. Fotografía: Otto Heller. Intérpretes: Alec Guiness, Cecil Parker, Peter Sellers, Katie Johnson. Dur.: 96'.
O profesor Marcus, líder dunha banda de ladróns, aluga un par de cuartos na casa da anciá Mrs. Wilberforce. Para que a anciá non descubra as súas verdadeiras identidades, os ladróns fanse pasar polos integrantes dun quinteto de corda e aproveitan a coartada dos ensaios para preparar o seu próximo golpe. “Aínda que nalgunha das súas comedias anteriores xa lle fixera as beiras á linguaxe do cómic, El quinteto de la muerte é a primeira das películas de MacKendrick cuxo deseño xeral está directamente inspirado nos procedementos de estilización das historietas gráficas e dos debuxos animados.” (Asier Aranzubía Cob)