
LA ZONA MUERTA
David Cronenberg, 1983
100´. Subtítulos en galego.
THE DEAD ZONE / LA ZONA MUERTA
(Estados Unidos, 1983)
Dirección: David Cronenberg. Guión: Jeffrey Boam, sobre a obra de Stephen King. Produción: Dead Zone Productions, en asociación con Lorimar Productions Inc. Fotografía: Mark Irwin. Intérpretes: Christopher Walken, Brooke Adams, Martin Sheen, Herbert Lom, Tom Skerritt, Anthony Zerbe. Duración: 100 minutos.
John Smith, un profesor de escola a piques de casar, sofre un grave accidente automobilístico. Cando esperta despois de cinco anos de coma, nada é igual ao seu redor: Sarah casou con outro home e mesmo se ve obrigado a reconquistar facultades básicas perdidas. Non obstante, descobre unha terrible capacidade: posúe a habilidade de ver a vida dos demais, incluíndo a posibilidade de anticipación do futuro. Primeira experiencia do director no cine estadounidense, adaptación dunha narración de Stephen King.