La vie sur terre
Abderrahmane Sissak, 1998
61'. Vídeo HD. Subt. Castelán
La vie sur terre
(Mauritania, Francia, 1998)
Dirección e guión: Abderrahmane Sissako. Fotografía: Jacques Besse. Intérpretes: Abderrahmane Sissako, Nana Baby, Mohamed Sissako, Bourama Coulibaly. Dur.: 26'.
Ao chegar o ano 2000, Abderrahmane Sissako, director de cine mauritano e residente en Francia, decide regresar a Sokolo (Malí), o lugar da súa infancia, coa intención de rodar unha película e reencontrarse co pai. Con mesuradas doses de intimismo e de humor, La vie sur terre maniféstase como unha interesante reflexión non só sobre o retorno do mesmo cineasta ás súas raíces africanas, senón tamén sobre o reencontro do cine africano coas súas orixes.