La vaquilla
Luis G. Berlanga, 1985
122'.
LA VAQUILLA (España, 1985) Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Luis García Berlanga e Rafael Azcona. Produción: IN-CINE e Jet Films. Fotografía: Carlos Suárez. Intérpretes: Alfredo Landa, José Sacristán, Santiago Ramos. Duración: 122 minutos. Nun dos frontes da guerra civil española, un grupo de soldados limítase a escribir cartas ou a adurmiñar. Mais a tranquilidade rómpese cando un altofalante da zona nacional anuncia que se vai celebrar nun lugar próximo unha corrida. Cinco combatentes da zona republicana deciden roubar a vaquilla para lle arruinar a festa ao inimigo e conseguir a comida que precisan. A materialización dun proxecto de comedia sobre a guerra civil, coa reconciliación e certa desideoloxización como centro discursivo, longamente demorado –iniciado en 1949- provoca unha nova aposta de Berlanga, en palabras de Azcona, na procura de “respecto pola miserabilidade do home”, un traballo de equilibrado protagonismo colectivo amparado de novo polo éxito económico.