LA ROSA PÚRPURA DE EL CAIRO
Woody Allen, 1985
82´. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
THE PURPLE ROSE OF CAIRO / LA ROSA PÚRPURA DE EL CAIRO
(Estados Unidos, 1985)
Dirección e guión: Woody Allen. Fotografía: Gordon Willis. Produción: Orion Pictures. Intérpretes: Mia Farrow, Jeff Daniels, Danny Aiello. Duración: 82 minutos.
Na década dos anos 30 en pleno esplendor do cine, Cecilia, unha ama de casa infeliz cun matrimonio frustrante, ten o seu único alivio na asistencia ás sesións do cine Jewel. Unha noite, con “La rosa púrpura de El Cairo” en cartel, o protagonista Tom Baxter sae da pantalla e vaise con Cecilia. A trama da película detense e o público desespérase ante este estraño suceso.