La quatrième génération
François Caillat, 1997
80'. Vídeo. Subt. castelán.
LA QUATRIÈME GENERATION
(Francia, 1997)
Dirección e guión: François Caillat. Produción: Gloria Films, La Sept-Arte, INA e Images Plus. Fotografía: Jacques Besse. Duración: 80 minutos.
Caillat repasa a historia dunha familia de Mosela dedicada ao comercio da madeira, o seu ascenso e declive, desde 1870 ata os nosos días. Esta saga familiar emblemática reflicte a aventura dunha rexión e os vaivéns da súa prosperidade. Polo camiño se nos descobre tamén un estraño destino nacional: o dos orixinarios de Lorena que, nun mesmo século, viviron por cinco veces a división entre a súa identidade francesa e a súa anexión a Alemaña. A cuarta xeración –á que pertence o propio Caillat-, é a que chega ao final de todo, a que non ten máis que o recordo e as pantasmas do pasado.