
La plaga
Neus Ballús, 2013.
85'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
LA PLAGA
(España, 2013)
Dirección: Neus Ballús. Guión: Pau Subirós e Neus Ballús. Produción: El Kinógraf e TV3. Fotografía: Diego Dussuel. Duración: 85 minutos.
A gran triunfadora dos Premis Gaudí: mellor película, mellor dirección, guión e montaxe. Raúl é un campesiño que tenta obter produción ecolóxica, para o que contrata a Iurie, un deportista de loita libre que se gaña a vida con outros traballos. As súas historias vanse mesturando no medio do verán coas de tres mulleres solitarias. Un filme de historias cruzadas, auténtico fresco da vida nos arrabaldes de Barcelona, produto dun longo proceso de catro anos.