LA MADRE MUERTA
Juanma Bajo Ulloa, 1993.
107’.
LA MADRE MUERTA
(España, 1993)
Dirección: Juanma Bajo Ulloa. Guión: Eduardo e Juanma Bajo Ulloa. Produción: Gasteizko Zinema. Fotografía: Javier Aguirresarobe. Intérpretes: Karra Elejalde, Ana Álvarez, Lio, Silvia Marsó, Elena Irureta. Duración: 107 minutos.
Un asasino cruza a súa mirada cunha moza e recoñece nela a filla dunha muller a quen asasinou anos atrás. Cre que a rapaza, conmocionada e paralizada a súa idade mental no intre do crime, o recoñece e decide secuestrala. Inesquecible drama de culpa e catarse, claroscuros e turbias complexidades que, tras a convulsión de “Alas de mariposa” (1991), reafirmaba o talento dos irmáns Bajo Ulloa.