LA LÍNEA RECTA
José María de Orbe, 2006.
95´. Presentación a cargo do seu autor.
LA LÍNEA RECTA
(España, 2006)
Dirección: José María de Orbe. Guión: José María de Orbe e Daniel V. Villamediana. Fotografía: David Valldeperez. Produción: Fresdeval Films. Intérpretes: Aina Calpe, Alejandro Calvo, Blanca Apilanez. Duración: 95 minutos.
Unha rapaza fai a quenda de noite nunha gasolineira ao tempo que reparte propaganda polas portas. Desprovista de afeccións e relacións, case unha autista social que non responde ante os diferentes estímulos, a súa vida parece virar cara a ningunha parte. A estrea como cineasta de Orbe, antigo estudante do American Film Institute, preclaro produtor de Las horas del día (2003) de Jaime Rosales, que consolida unha das vías máis estimulantes polas que pasea certo cine español, un relato sen concesións que estivo na Sección Oficial do Festival de Gijón 2006.