LA LEYENDA DEL TIEMPO
Isaki Lacuesta, 2006.
115´.
LA LEYENDA DEL TIEMPO
(España, 2006)
Dirección e guión: Isaki Lacuesta. Produtor: Paco Poch. Produción: Mallerich Films, Jaleo Films, De Palacio. Fotografía: Diego Dussuel. Intérpretes: Israel González Romero, Makiko Matsumura, Francisco José Gómez, Soichi Yukimune, Saray Pinto, Jesús Monje "Pijote". Duración: 115 minutos.
A historia de Isra, un rapaz xitano que, despois da morte de seu pai, xa nunca poderá cantar pese a pertencer a unha tradición de cantores, e que vive soñando con poder viaxar algún día lonxe da illa de San Fernando, e a de Makiko, que trata de asimilar unha tradición e unha forma de entender a vida que lle son alleas, e coas que agarda poder afrontar as emocións inexpresables que lle esperta a enfermidade de seu pai. Unha fermosa fábula onde a emoción da vida e a orixe do mito (Camarón) mestúranse con sentido poético, complexas analoxías e fonda indagación nos meandros e identidades da linguaxe fílmica contemporánea.