LA FRANCE
Serge Bozon, 2007.
102´. Subtítulos en castelán.
LA FRANCE
(Francia, 2007)
Dirección: Serge Bozon. Guión: Axelle Ropert. Produción: Les Films Pélleas. Fotografía: Céline Bozon. Intérpretes: Sylvia Testud, Pascal Gregory, Guillaume Depardieu. Duración: 102 minutos.
Francia, outono de 1917. A I Guerra Mundial toca á súa fin e Camille recibe cartas cada vez máis escépticas do seu marido. Na última decide abandonala. Camille, desesperada, infíltrase na fronte facéndose pasar por un home. Unha patrulla de desertores será o seu refuxio, un grupo capaz de cantar, bailar e sufrir as penurias do conflito. Premio Jean Vigo, participou no certame de Gijón 2007.