La condesa descalza
Joseph Leo Mankiewicz, 1954.
128’. Subt. Castelán.
THE BAREFOOT CONTESSA / LA CONDESA DESCALZA (Estados Unidos-Italia, 1954) Dirección e guión: Joseph Leo Mankiewicz. Produción: Figaro e Transoceanic Film. Fotografía: Jack Cardiff. Intérpretes: Humphrey Bogart, Ava Gardner, Edmond O’Brien. Duración: 128 minutos. A traxectoria da actriz española María Vargas, desde os seus comezos como bailarina nun local nocturno ata á ascensión ao estrelato cinematográfico e á alta sociedade europea contada a través das persoas importantes da súa vida. O astuto Mankiewicz incorpora –como en Carta a tres esposas ou Eva al desnudo- o mutiperspectivismo e os flashbacks que describen a vida da protagonista. Ava Gardner de novo interpreta un personaxe que parece próximo á súa vida. Óscar ao mellor secundario para Edmond O’Brien. “O máis claro do filme de Mankiewicz é o anatema lanzado contra Hollywood e a súa fauna, contra a ociosidade e a súa fauna, contra a Riviera e a súa fauna, e non, como nos seus filmes precedentes baixo a perspectiva da sátira indulxente senón cun odio declarado á vulgaridade” (François Truffaut, Les films de ma vie, 1975).