
LA BATAILLE DU RAIL
Réne Clément, 1945.
80’. Subtítulos en castelán.
LA BATAILLE DU RAIL (Francia, 1945) Dirección e guión: Réne Clément. Produción: Coopérative Générale du Cinema Français. Fotografía: Henri Alekan. Intérpretes: Marcel Barnault, Jean Clarieux, Jean Daurand. Dur.: 80 min. Durante os últimos anos da ocupación alemá, os ferroviarios franceses manteñen unha loita sen cuartel contra os invasores.
En 1943, René Clément realizou o documental Ceux du rail. E por isto que a Cooperativa Xeral do Cine, fruto da Liberación, e «Resistencia Ferrocarril» se dirixiron a el para a realización dunha curtametraxe lembrando os feitos da resistencia do persoal da SNCF (Sociedade Nacional dos Ferrocarriles Franceses). O traballo de René Clément e do seu operador, Henri Alekan, foi de tal calidade que se decidiu alongar a metraxe, que terminaba nese punto coa execución dos reféns. René Clément engadiu o episodio do secuestro e do descarrilamento do convoi «Apfelken» e, como conclusión, o paso do primeiro tren libre. A unidade estaba garantida polo tema e, simultaneamente, polo dominio técnico e admirable rigor estilístico do cineasta que se ía converter nun dos máis importantes do cine francés da post-guerra. René Clément fixo ver e entender perfectamente, nunha reconstitución documental, a verdade humana da loita dos ferroviarios. Presentada no primeiro Festival de Cannes de 1946, La Bataille du rail recibiu o Gran Premio do Xurado Internacional, ó que engadiu despois o Gran Premio do Cine Francés. (Jacques Siclier, texto polo 50 aniversario do festival de Cannes)
-
-
50 aniversario do festival de Cannes
LA BATAILLE DU RAIL
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Proxección previa de Corazones mojados (Ana González, 1996) 10'