
Short Films 1975 1-10
- 36 min.
Trátase dunha serie de dez películas, á mantenta, sen título, cada unha separada na bobina por varios metros de cola negra. Como tamén desexo que sexan identificables individualmente, fornecerei a seguinte descrición de cadansúas tomas inicial e final : A nº 1 comeza co negativo azul da cara dun neno e termina cun só ollo centrado; a nº 2 comeza con neve soprando e termina cunha lámpada e coas luces da cidade; a nº 3 comeza cunha paisaxe/unha posta de sol a través da néboa e termina coa repisa dunha xanela; a nº 4 comeza cun cuarto de baño de azulexos verdes e termina coa imaxe dourada e reflectida do cámara; a nº 5 comeza co respaldo dun asento de avión e termina con raias horizontais de intensa luz; a nº 6 comeza cunha luz marrón a través dun cuarzo. A nº 6 comeza cunha luz marrón que atravesa un cristal de cuarzo e termina coa mecha dunha candea acesa e rodeada de lixos dourados a ferveren; a nº 7 comeza cun mapache á luz dunha rosa e termina coa cara dun neno que se esvaece; a nº 8 comeza cun farol branco, follas verdes dunha árbore e unha xanela e termina coa luz escintilante dunha xanela na parede marrón dun cuarto de motel; a nº 9 comeza con rochas, troncos de árbores e plantas nun resplandor de luz e termina cunha escena verde e dourada dun bosque; a nº 10 comeza co escintileo dun «lóstrego» raiado e termina cun punto en movemento e a pantalla que se esvaece. [Stan Brakhage]
- Ano:1975
- Países de produción: Estados Unidos